O 16 de marzo estuvimos presentes na I Marcha dos e das Eventuais do Sergas en Santiago, como era de esperar a convocatoria foi un exito por que estaban presentes traballadoras do sergas que tiveron que cambiar o seu día de descanso, outras estiveron cos seus fillos, e outras tiveron que marchar pronto para entrar a traballar nas quendas de tarde; todas elas fixeron todo o posible por estar alí para visibilizar que EXISTEN e ESIXEN. 

Por Corrente Vermella

As primeiras en chegar foron as de Santiago á praza do Obradoiro e pouco a poco foron-se sumando Pontevedra, Ourense, Monforte, e ao final cun pouco de retraso as de Vigo, o grupo mais numeroso. Todas e todos con globos de colores pintados cos seu dexesos e as súas penurias.

Todo o camiño ata as portas de San Caetano (edificios administrativos da Xunta) foron cantando as súas esixencias, as súas denuncias e como non ata un cántico que non falta unha mobilización de maioría mulleres unha rianxeira «ondiñas veñen, ondiñas veñen e van, os contratos veñen e van, e miñas perspectivas polo mobil se van»; cántico moi significativo porque este persoal vive pendente da chamada no mobil para cada contrato, que poden contrarlalas ata por horas e ter varios nun día para un servizo diferente. Tamén denuncian que os dereitos, como poden ser as vacacións dependan da «vontade» de cada área ao non existir un regulamento único para todo o persoal do Sergas. Reclaman unhas oposión axustadas ás necesidades do servizo que remate cunha precariedade laboral que pode chegar a ter mais de 400 contratos un ano, cunha vida laboral de moitas páxina que ao final foron entregadas no Rexistro da Xunta para que o Conselleiro non diga que menten.

Ao remate da manifestación o comunicado foi leido por unha compañeira da Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública de A coruña, pois esixen unha sanidade pública ao 100%, e din que a loita ten que ser das e dos usuarios e pacentes como dos e das traballadoras da sanidade.

Foi un exito a pesar do boicot expreso por parte dos sindicatos maoiritarios no sector a movilización, e a loita ten que continuar.